Presentación

buscador

Calendario

May 2012
M T W T F S S
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31      
<< < > >>

Novidades

Ola!!

 

Non olvidedes deixar o voso comentario!!!!

 

Se encontrades algun fallo poñedeo como comentario para axudar a que todo estea ben.

 

Gracias!!!

 

 

 

 

Noticias

*******

Que tempo vai...?

http://tiempo.meteored.com/tablas/meteored.tab_Rianxo%20%5BA%20Coruna;Espana].jpg

Recomendar

Últimos Comentarios

Sindicación

  • Flujo RSS de los artículos
Monday 7 june 2010 1 07 /06 /Jun /2010 21:51


Boiro_______________ www.boiro.org (web oficial do concello) Boiro é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Barbanza. Segundo o IGE no 2009 tiña 18.883 habitantes (18.554 no 2006, 18.469 no 2005, 18.302 no 2004, 18.241 no 2003). O seu xentilicio é Boirense. Xeografía_____________ O concello de Boiro está situado no surleste da comarca do Barbanza, e ocupa uns 86 km². A capital está a 42º 38' 7" N de latitude, e 8º 52' 7" O de lonxitude. Relevo A altitude media sobre o nivel do mar é de 32 metros e existe unha estreita franxa litoral na que se asentan a maior parte dos núcleos de poboación. Nos cumios de Fontefría supéranse os 600 metros. A cordilleira do Barbanza travesa o municipio de norte a sur. Nas áreas montañosas o chan está sometido a continua erosión e son xeralmente pouco propicios para o cultivo devido á súa pendente e escasa profundidade. Na área litoral os chans son máis profundos e ricos en materia orgánica, moi aptos para a agricultura. […]
Por arousa.over-blog.com
Escribir un comentario - Ver los 0 comentarios
Sunday 6 june 2010 7 06 /06 /Jun /2010 14:17


A Comarca da Barbanza é unha das comarcas oficiais de Galicia, localízase no oeste da provincia da Coruña e pertence a ela os seguintes concellos: Boiro, A Pobra do Caramiñal, Rianxo e Ribeira. Mapa cos Concellos da Comarca do Barbanza: 1. Boiro 2. A Pobra do Caramiñal 3. Rianxo 4. Ribeira
Por arousa.over-blog.com
Escribir un comentario - Ver los 0 comentarios
Saturday 5 june 2010 6 05 /06 /Jun /2010 15:04


O casco de Leiro é un casco ou unha cunca de ouro, probablemente da Idade do Bronce Final, atopado de xeito fortuito por José Vicente Somoza, dentro dunha vasilla de barro, durante unhas obras de construción dun alboio na parroquia de Leiro, no concello de Rianxo. Na actualidade consérvase no Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón, na Coruña. Presenta paralelismos con outros exemplares da península Ibérica, como as cuncas de Axtroki e Villena, e do norte de Europa. É de forma esférica e remata nun pequeno tronco de cono de base estreita. O seu diámetro máximo é de 195 mm e unha altura de 150 mm máis os 23 mm do remate. O seu peso é de 270 gramos. A imaxe de pezas similares centroeuropeas poida que fose primeiro unha cunca, usada para algún tipo de ritual, e despois, engadido o remate, usado como "casco de parada", símbolo da autoridade dentro dunha xerarquía, xa que a delgadez da lámina desbota calquera aplicación defensiva. O casco realizouse dunha única peza. […]
Por arousa.over-blog.com
Escribir un comentario - Ver los 0 comentarios
Saturday 5 june 2010 6 05 /06 /Jun /2010 15:02

A festa do galego percorreu Rianxo Os alumnos de todos os centros de secundaria da bisbarra reuníronse na vila de Castelao para participar nunha carreira polo idioma deslucida polo mal tempo. A incerteza sobre a celebración do Correlingua 2010 mantívose ata última hora, pero finalmente, moreas de rapaces percorreron as rúas de Rianxo nunha carreira para reivindicar o galego en vésperas do Día das Letras. O mal tempo desluciu esta particular maneira de reclamar para o idioma o tratamento que merece ao cancelarse as probas nas que ían participar os cativos dos centros de educación infantil e primaria de Barbanza, pero os estudantes de secundaria e os regueifeiros Pinto de Herbón e Caruncho encargáronse de que a festa a prol da lingua non decaese. A iso das once da mañá, para asombro dos veciños que andaban pola vila, centos de rapaces de toda a bisbarra partían da praza Castelao e comezaban un percorrido que os levaría pola estrada de Tanxil ata as inmediacións da praia e de volta […]
Por arousa.over-blog.com
Escribir un comentario - Ver los 0 comentarios
Saturday 5 june 2010 6 05 /06 /Jun /2010 14:59


O monte Xiabre é unha montaña galega, situada entre os concellos de Caldas de Reis, Catoira e Vilagarcía de Arousa. Ten 641 metros de altitude. Ten abondante vexetación, debido a ter unhas precipitacións anuais duns 1.500 mm. É o máis alto dunha serie de cumios da mesma serra, coma o Aguadelo (413 m), Lobeira (290 m), A Xaiba (280 m) ou o Pousadoiro (220 m). Dende a aba oeste obsérvase Vilagarcía de Arousa e a ría de Arousa. A zona de Fontefría é unha pradeira con regatos, que conta cunha área recreativa con mesas. Nos últimos anos sufriu moitos incendios forestais que devastaron decenas de hectáreas. Un dos incendios máis importantes tivo lugar o 23 de agosto de 2005 que arrasou moitas zonas da montaña. Este monte sufriu tamén, como moitísimas outras zonas de Galicia, a vaga de incendios forestais en Galicia 2006, cando en Xiabre arderon centos de hectáreas que provocaron unha fumareda de máis de 5 quilómetros de radio. No pico da Gaiba atópase un poboado castrexo aparentemente […]
Por arousa.over-blog.com
Escribir un comentario - Ver los 0 comentarios
Saturday 5 june 2010 6 05 /06 /Jun /2010 00:56


video
Por arousa.over-blog.com
Escribir un comentario - Ver los 0 comentarios
Saturday 5 june 2010 6 05 /06 /Jun /2010 00:32


"A Rianxeira" é unha canción popular galega, convertida nun dos símbolos culturais de Galicia e particularmente representativa do colectivo de emigrantes ou diáspora. orixe Foi composta nun principio en Bos Aires en 1947 a proposta de Anxo Romero Loxo, quen compuxo a musica, nunha reunión no Centro Rianxo na que se atopaba a directiva e mais Xesús Freiro Dourado "Pinciñas", compositor da letra. Foi estreada un ano despois polo Coro Castelao na cidade de Bos Aires, a pesar de que a súa estrea oficial data do ano 1950, co gallo da recepción de Castelao no porto de Bos Aires. O texto orixinal ten a súa orixe en diversas variantes de cantos tradicionais de acompañamento ás procesións de adoración á Virxe de Guadalupe (patroa de Rianxo) do século XIX, que se realizan na vila de Rianxo, sendo o seu xentilicio feminino o que bautiza ao himno. Nun principio chamárona "Ondiñas da nosa ría". O primeiro disco foi editado pola empresa RCA Victor. Contra a segunda metade do século XX unha das […]
Por arousa.over-blog.com
Escribir un comentario - Ver los 0 comentarios
Saturday 5 june 2010 6 05 /06 /Jun /2010 00:31

«Estou moi contento e satisfeito». Así se expresaba ayer el alcalde de Rianxo, Pedro Piñeiro Hermida, al anunciar el comienzo de las obras de la segunda fase del saneamiento en la parroquia de Leiro. El dirigente comentó que los vecinos tendrán cubierto un servicio básico dentro de doce meses. Con esta actuación, según el mandatario, se van cumpliendo las previsiones del ejecutivo local para dotar de líneas de alcantarillado a todas las parroquias. Piñeiro indicó que con estas obras «quédanos tan só Isorna sen este servizo, pero espero que sexa por pouco tempo, pois estamos traballando nun proxecto no que temos postas moitas esperanzas», dijo. Piñeiro Hermida destacó que también quedan pendientes algunos núcleos de población en Asados y Araño en los que están trabajando, aunque «non vai ser nada fácil debido ás dificultades dos terreos, pero aínda así, creo que se poderá arranxar». La intención del regidor rianxeiro es llegar con el saneamiento a todos los núcleos del municipio y […]
Por arousa.over-blog.com
Escribir un comentario - Ver los 0 comentarios
Saturday 5 june 2010 6 05 /06 /Jun /2010 00:00


Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 30 de xaneiro de 1886 e finado no exilio, en Bos Aires, o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade". Foi homenaxeado co segundo Día das Letras Galegas, no ano 1964. Traxectoria: Primeiros anos Casa de Castelao en Rianxo. Naceu o 30 de xaneiro de 1886 en Rianxo, sendo o primeiro fillo de Mariano Rodríguez Dios, mariñeiro dedicado a facer velas para barcos (m. 12.11.1932, e de Joaquina Castelao Gemme (m. 24.01.1945). O mesmo día do seu nacemento foi bautizado na igrexa de Santa Comba, sendo os seus padriños Pilara e Francisco Castelao, irmáns da […]
Por arousa.over-blog.com
Escribir un comentario - Ver los 0 comentarios
Friday 4 june 2010 5 04 /06 /Jun /2010 23:36


A Ría de Arousa é a máis grande das rías de Galicia. Fai parte das Rías Baixas e está situada entre a península do Barbanza (provincia da Coruña) ao norte, e a península do Salnés (provincia de Pontevedra) ao sur. É famosa pola súa riqueza mariñeira e as súas praias. Os lugares máis destacables son A Illa de Arousa, co parque natural de Carreirón, as illas de Cortegada e Sálvora, que son parte do Parque nacional das Illas Atlánticas e O Grove coa Illa da Toxa. Régana os ríos Ulla e Umia. As poboacións máis importantes son Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo ao norte e Vilagarcía, Vilanova, Cambados e O Grove ao sur. A súa costa meridional empeza a desenvolverse a partir do estuario do río Ulla, entre Rianxo e Carril. Este fondo da ría ten un aspecto lacustre, debido á tranquilidade das augas, protexidas do mar aberto pola Illa de Arousa, e a suavidade do litoral. O centro desta zona é a vila populosa e industrial de Vilagarcía de Arousa. Un segundo sector estará formado […]
Por arousa.over-blog.com
Escribir un comentario - Ver los 0 comentarios
Crear un blog en OverBlog - Contacto - C.G.U - Remuneración por el programa "Gana con tu Blog" - Reportar un abuso